Blog Anpa Carcabelos

image

Comunicado Anpa Carcabelos

Hoxe tiñamos programada unha actividade que temos que anular o noso gran pesar,  dende o CEIP ISAAC DIAZ PARDO,  damos o noso máis sentido pésame á familia,  compañeiros do sector,  amigos e público do "comediante" (como lle gustaba definirse) PEDRO BRANDARIZ, falecido o martes pola tarde ós 44 anos, tras atoparse indisposto pola mañán, nunha actividade didáctica nun colexio. 

Gran rapaz polifacético,  mestre de primaria que nunca exerceu, pero con experiencia coma para ensinar con moito humor a rir a nenos e maiores; cómico, actor, clown,monologuista, contacontos, cabareteiro, @pedrobrandariz contaba cunha pequena, pero moi recoñecida carreira interpretativa en colexios, escenarios, Tv,.. este ano resultou finalista na categoría de mellor actor protagonista nos premios Mestre Mateo polo seu papel na película 'Jacinto'

Ademáis, estaba ó frente da empresa de gestión cultural, Dinamo Producciones e propietario da librería especializada en literatura infantil Caperuchiña Feroz na Coruña. «Non tiña nin idea do sector  editorial nin de marxes comerciais. É de libros para nenos porque son os que me gustan. É un capricho, non me dá rendibilidade, pero tampouco me quita moito. As fins de semana facemos obradoiros e outras actividades, e vén moita xente», aseguraba anteriormente nunha entrevista. 

Dende o noso colexio intentamos rendirlle este pequeno e sentido homeaxe. Xenio contador de historias moi querido polos nenos(o seus mellores fans), Pedro Brandariz Descansa en Paz, o teu afán de ensinar a facer rir queda marcado aquí.