Blog Anpa Carcabelos

image

CULLEROLIMPIADAS: Campamento de Semana Santa

Achegamos información  sobre o Campamento de Primavera Cullerolimpíadas que organiza a Concellaría de Cultura para a conciliación da vida laboral e familiar durante o período vacacional que se achega.

O campamento terá lugar os días 25, 26 e 27 de marzo e mais o día 1 de abril de 2024 no CEIP P. Vila de Rutis en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Está dirixido a cativada de entre 3 e 12 anos que estea matriculada en Educación Infantil ou Educación Primaria.

O período de preinscrición comezará o vindeiro luns 4 de marzo e rematará o día 8. A preinscrición farase a través do formulario que se pode atopar aquí..

Neste mesmo sitio poderase consultar máis información sobre o campamento así como os servizos complementarios, os prezos, as bonificacións e as normas básicas do mesmo.

Calquera consulta ou dúbida ao respecto, quedamos á vosa disposición para respondela neste correo ou no teléfono 981665597.

Moitas grazas.

Un saúdo