Blog Anpa Carcabelos

image

Mañás de campamento

O luns 18 de abril iniciarase o período de solicitude de prazas para participar no programa de conciliación familiar do verán denominado Mañás de campamento.

Ofertaranse campamentos de 2, 3 e 5 semanas para alumnado empadroado en Culleredo e matriculado en educación infantil ou primaria de 3 a 12 anos de idade.

Poderase consultar toda a información na web das Mañás de campamento 2022 ou na web do Concello.

A solicitude de prazas será preferentemente a través do Formulario Mañás de Campamento 2022 que estará tamén dispoñible nas páxinas anteditas.