Blog Anpa Carcabelos

image

PROXECTO CRI-TIC

Se tes entre 9 e 13 anos, pódeste inscribir ata o 4 de abril, nesta actividade na que se traballarán as competencias dixitais e a robótica.

A actividade, organizada pola ONG MESTURA,  é GRATUÍTA para todo o alumnado do centro.

As prazas adxudicaránse por orde de inscripción tendo prioridade os socios da ANPA.

Levarase a cabo nunha aula do centro durante o terceiro trimestre. TODA A INFORMACIÓN ESTÁ NO CARTEL ADXUNTO.

Para inscribirse tedes que mandar un mail a apacarcabelos@gmail.com, indicando:

- NOME COMPLETO DO NENO, DATA DE NACEMENTO, E NÚMERO DE CONTACTO.

Unha vez rematado o prazo de inscripción, confirmaremos ás familias se o alumno/a está aceptado e informaremos do procedemento para formalizara a matrícula.