Situación actual do servizo de limpeza do centro
Esta mañá a presidenta da ANPA conseguíu falar con Cristina Pardo (Concelleira) e transmitiu que todos os trámites para a nova contratación do persoal de limpeza están efectuados pero que non poderán ser efectivos ata a semana que vén (luns ou martes).
Ademáis desde o Concello acaban de facer pública en redes a situación actual, que se transcribe a continuación:
"Ante as consultas recibidas sobre a situación de #ERTE do 100% do persoal da empresa concesionaria dos servizos de limpeza de edificios e de limpeza viaria, o Concello de Culleredo informa de que:
- A solución de #emerxencia esta próxima para que se poda retomar o servizo. A previsión é que a próxima semana se adopte a medida #extraordinaria e volva a funcionar a limpeza
- Desde que a empresa iniciou o #ERTE, os servizos municipais tramitan con #urxencia a declaración da emerxencia sanitaria no concello e poder contratar unha nova empresa segundo o procedemento administrativo correspondente
- O persoal técnico municipal supervisará o estado dos puntos máis afectados, como é o caso dos #CEIP, para tomar as determinacións precisas con celeridade
-Con esta actuación agardamos que de inmediato se recupere o servizo esencial nas rúas, dependencias municipais e colexios. Desculpen as molestias