Xornada en familia: Falando coas árbores.
Hoxe, o sol brillou no Bosque do Muíño e en Finca Rosiña.
A escola Bosque Amadahi regalounos a chave para adentrarnos na maxia dos seus bosques e a oportunidade de falar coas árbores (incluso lle puxemos nome e cara), e tamén nos regalou a oportuidade de compartir en familia unha mañá de domingo.
Cantamos, falamos, camiñamos e xogamos durante 3 horas.
Grazas familias por animarvos a participar e a desfrutar da natureza ofrecendo unha oportunidade de xogo diferente para os nosos nenos e nenas.